Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corenta días

lunes, 29 de agosto de 2005
A cifra de corenta días ten resonancias bíblicas… Foron corenta días e corenta noites as que choveu durante o Diluvio universal. Foron corenta días e corenta noites as que Xesús permaneceu no deserto...

Corenta días e corenta noites será o máximo tempo que teñan que agardar os galegos que precisen unha intervención cirúrxica según os bos propósitos que o Presidente Touriño ven de manifestar publicamente.

Todos estamos de acordo nas excelencias dese resultado se se consegue, aínda que parece que os profesionais da sanidade son excépticos en canto á súa realidade práctica.

Por Lei, un paciente galego ten que ser operado antes de que pasen 180 días desde o correspondente diagnóstico, que se reduce a 140 na realidade da tramitación por parte do Sergas de efectuar operacións en centros privados.

Na actualidade, o promedio de espera para ser operado nun hospital do Sergas está en arredor de 65 días. E Touriño, na campaña electoral, prometeu reducir esta cifra a 45 no prazo de seis meses.

Se consegue reducila ós corenta días, non só terá mellorado a promesa electoral, senón que batirá un auténtico record na sanidade galega, que xa veu experimentando sucesivas e notables melloras en tempo, atención e trato ós pacientes.

O ideal sería que non houbera que esperar nin un só día por unha operación cirúrxica na sanidade pública deste país. O ideal e a realidade converxerán algún día, pero non sabemos cando.

En tanto, confiemos. Se son corenta días, perfecto. Se son corenta e cinco, tamén estará ben. Todo o que sexa ir baixando eses sesenta e cinco días de promedio, será bo para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania