Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

“Trágica Mojiganga”

jueves, 11 de julio de 2013
Desde o Preguntoiro

Prometín a min mesmo no volver a escribir sobre a Sra. Mariloli Cospedal, porén, antonte nunha conferencia de prensa saíu dicindo que o seu partido: “es el más diáfono y transparante de España”. Si, diáfano e transparente como o chapapote do “Prestige”.

Teño que volver a dicir que de tantos esperpentos aos que chega esta Sra. da para escribir vinte libros da deformación sistemática da realidade por medio de elementos grotescos e absurdos, onde existe nunha linguaxe coloquial expresións cínicas, ironías e burlas desa condición hispánica cun movemento orgánico dunha “tragica mojiganga”.

Desta maneira imos camiño daqueles anos de cando D. Ramón del Valle-inclán escribíra “Luces de Bohemia” un dos primeiros esperpentos. Aínda nos casos de inventiva falaba de experiencias vividas de violentas folgas, o caos desenfreado e desorden imperante dos políticos, a carestía da vida e de unha sólida base de feitos documentados, onde a habilidade inventiva de Valle-Inclán fai dos esperpentos algo comprometido cos graves sucesos inquietantes daqueles anos da Lei de Fugas.

Mariloli é o primeiro esperpento neste país dos despropósitos do século XXI. Despois da que está caendo sobre o financiamento do PP oíndo cantar ao paxaro Bárcenas, preso na xaula de ouro onde parte da contabilidade do PP desde 1990 ata 2011 quedou ao descuberto a través de Internet, Mariloli ten a cínica ocorrencia de falar de “disparates monumentales”. O único disparate que existe neste intre é o incumprimento do programa electoral dese partido ao que ela pertence.

O cinismo e as mentiras son da tal magnitude que esta Sra. das peinetas e mantillas tírase un peido nun funeral e a berros vótalle as culpas ao defunto. É un exemplo da mediocridade política dese partido que ela representa, só móvelle as ambicións persoais.

Este goberno corrupto e cínico non pode permanecer nin un minuto máis ao fronte deste país, o están volvendo invivible. En calquera país minimamente democrático, non só tiñan que estar dimitidos, tiñan que estar na cadea.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES