PP-Psoe, á greña
Editorial - miércoles, 10 de julio de 2013
Non vive o PP os seus mellores momentos polos disgustos que lle ocasiona a traxectoria seguida polo outrora xerente do Partido, Bárcenas, que cada día permite coñecer un anaco máis dunha traxectoria difícilmente xustificable. Pero non vai obter rendibilidade política o PSOE porque intente que o Presidente do Partido e do Goberno se aclare en relación con este tema, xa que o problema é moito máis fondo que este iceberg que agora asoma, sexa real ou imaxinario.
O problema ven de máis lonxe, evidenciado polas enquisas do Cis que periódicamente se publican e nas que aparece que, despois do problema do paro insultante, insorportable, inmundo os problemas que todos detectamos son a corrupción e a mesma clase política.
Poida que este tema de Bárcenas sexa a gota que colme o vaso, e que as palabras da Presidenta do PP de Madrid, claramente incisivas e pedindo luz sobre estes temas, sexan reflexo do sentimento existente no Partido sobre esta gravísima situación.
Pero andar á greña entre os dous primeiros partidos españois non vale de nada. Repetímolo: o problema é moito máis fondo e ven de moito máis lonxe. E mentras non se poñan todos mans á obra de renovación, limpeza, clarificación, non haberá nada que facer nin que discutir.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora