Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Couto mixto. Memoria da fronteira

miércoles, 10 de julio de 2013
Pola volta do próximo día 13 volverémonos ver en Santiago de Rubiás varios centos de amigos e curiosos co gallo da festa que convoca a Asociación de Amigos do Couto Mixto. Celebrarase o acto tradicional de nomeamento dos Xuíces Honorarios e lembranza da historia daquelas terras que durante moitos séculos gozaron dun estatuto xurídico idéntico ó de Andorra.

Os novos xuíces honorarios, previa a promesa de defenderen a memoria histórica, recibirán senllas réplicas do bastón de mando e chaves do histórico arcón no que se gardaban os documentos daquel singular territorio. Un cerimonial que este ano contará coa actuación musical do dúo “2naFronteira” formado por Carme Penim e Maurizio Polsinelli, que estrearan algunhas composicións dedicadas a aqueles pobos arraianos que teñen no Val do Salas e as serras do Larouco e Xurés o escenario natural ó que tantas veces se ten referido Xosé Benito Reza como un paraíso apenas coñecido polas xentes das grandes urbes galegas.

Para coñecer a súa historia e antropoloxía é obrigado ler os libros de Luís Manuel García Mañá (Couto Mixto.Unha república esquecida) e de Paula Godinho (Oír o galo cantar dúas veces). Ambos os dous son eruditos coñecedores das oríxes dunha institución xurídico-territorial que se remonta á Idade media e que desaparece por mor do Tratado de Límites entre España e Portugal do 29 de setembro de 1864. Delfín Modesto Brandón, que foi o derradeiro Xuíz do Couto Mixto, home de ideas progresistas no seu tempo, é o autor dunha monografía publicada en 1907 co curioso título de “Interesante Historieta del Coto Mixto” na imprenda de “Tierra Gallega” da Coruña, redactada anos antes en Celanova.

A súas xentes elixían democraticamente por sufraxio universal e directo á autoridade do Xuíz, que facía as veces de xefe político, gobernativo, administrativo e xudicial, por un período de tres anos e auxiliado por uns colaboradores (dous por cada aldea, chamados “homes de acordo”) e polo vigairo de mes, axente executor das medidas tomadas pola citada autoridade.

Os privilexios do Couto Mito eran de orde persoal :escolla libre da nacionalidade dos seus habitantes que podían ser galegos ou portugueses, debendo gravar no lintel da porta da casa un “P” ou “G” para seren identificados; dereito de asilo, e estaren exentos de facer o servizo militar; de orde administrativa: non estaban obrigados a usaren impresos oficiais nin cédulas persoais; económico-comerciais: dereito de paso polo “Camiño Privilexiado” entre o Couto Mixto e Tourem; e fiscais: exención de cargas fiscais a favor de España ou Portugal.

Volveremos repetir o protocolo do cerimonial desta festa cargada de emoción histórica para os habitantes dos pobos de Santiago, Rubiás e Meaus que gardan a memoria dos seus avós, e para moitos amigos que acudirán, uns por primeira vez e outros que xa son habituais participantes.

Animamos ós que aínda non coñecen o Couto Mixto a que acudan o próximo día 13 para mirar cos ollos do espírito a historia máis engaiolante da fronteira.


(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES