Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conservaremos o Valedor

martes, 09 de julio de 2013
Desaparecerán valedores polas autonomías de España, considerando o goberno que con que haxa un a escala nacional está cuberta a necesidade, pero Galicia manterá esa figura.

Hai moitos anos que nos chamaba a atención a existencia dunha autoridade chamada Ombudsman, nos paises do norde, dedicada a defender aos individuos dos excesos das administracións. Eso, en tempos nos que aquí se vivía o declive dun exceso total parecía un imposible.

Logo houbo "Defensor", e as autonomías foron tamén creando a súa figura, que está ben como institución aínda que a escala popular e con resultados reais non parece que constitúa unha figura esencial para a nosa convivencia democrática.

Pero o presidente Feijóo considera que Galicia ten feitos xa os seus recortes e axeitado o aparato administrativo á realidade do país, e vai manter esta figura aínda que sexa con menos dotación económica.

O problema non está en que desapareza ou non unha figura político-administrativa que "queda ben" en toda administración. Tomen os políticos as decisións que corresponda, sempre que ousen atreverse cos recortes que todos agardamos de altos cargos, gastos supérfluos, asesorías e demais cuestións que a todos nos aqueixan pero para as que ninguén colle con forza a tixeira de recortar porque lles doe na alma (política, por suposto).
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania