Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Defensa, pecha

lunes, 08 de julio de 2013
Esto de reducir drásticamente, suprimir para aforrar, e recortar todo o que é ou non é recortable, afecta aos particulares pero tamén ás Administracións, aínda que a estas non se lles nota tanto como se debera, porque non entran en terreos especialmente sensibles para os que as gobernan.

E así, as entidades bancarias en crise pechan oficinas, as institucións oficiais evitan duplicidades, e por falar especialmente de unha, o Exército – que agora se chama Defensa- pecha as súas dependencias en Lugo, dependencias que viñan ser o último reducto da súa presencia efectiva na capital.

As instalacións do Exército de Terra na capital son xa historia: O emblemático cuartel de Garabolos está convertido nun Centro empresarial do Concello á parte de albergar o cuartel dos bombeiros; as instalacións das Gándaras, andan convertíndose en Parque empresarial; o Cuartel de San Fernando quixo ser Auditorio e agora vai ser non sabemos que... Quedabanos a Delegación de Defensa, e vai pechar, por economía ou operatividade.

Sabemos que o Exército, non ten a presencia nin o peso de hai anos, onde era omnipresente de cara ao interior máis que de cara ao exterior. E a paulatina reducción ou desaparición correspondeuse coa transformación social que vivimos nas últimas décadas, que hoxe os exércitos non teñen nada que ver co que os maiores coñecimos.

Pero eu entendía que estes peches terían, alomenos, unha información previa das autoridades militares ás autoridades civís, e que a máxima autoridade –militar, por suposto- da Coruña se poñería en contacto co Alcalde de Lugo para informalo de que abandoaban a cidade.

Non debeu ser así cando me sorprendo coa información de que Orozco non sabe nada do peche da delegación de Defensa en Lugo, e que andaba procurando contactar cn Enrique Rozas, concelleiro do Partido popular e funcionario de Defensa por se podía informalo.

Algo falla na cadea de mando cando nin Defensa chama ao Alcalde nin o Alcalde ten a quen chamar en Defensa. Será que tamén as comunicacións sofren recortes.

Pecha Defensa en Lugo. Será que as novas tecnoloxías permiten restrinxir oficinas, que o Exército replega os seus efectivos, ou problemas económicos. Sexa como fose, é un feito singular que pecha unha etapa que fai historia na vida e na sociedade da capital lucense.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES