Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embargos, nunca máis!

lunes, 08 de julio de 2013
Circula por Internet unha petición de Carolina, de Málaga, que se confesa nai de familia, no paro, e que vai sufrir un embargo da súa vivenda o próximo día 11. Pide que se dirixa comunicación ao Banco Popular para forzar á non execución do embargo.

Para moitos, intervir nunha campaña deste tipo, e facilitar os seus datos e correo, pode constituir un problema ou alomenos unha preocupación, pero sempre é posible pronunciarse neste e noutros casos,, de xeito rotundo.

E así, desde aquí, decimos ás entidades bancarias ou de aforro (as que queden), que nunca máis volvan a recurrir aos embargos para solucionar un problema mal planteado, quizais por parte dos peticionarios, pero moi seguramente por parte da entidade bancaria.

Quede, pois, petición –esixencia- feita a todas as entidades que teñan algo que ver cos embargos, especialmente de vivendas: Embargos, nunca máis!. Quen a eles recurra, seguro!, máis axiña ou máis tarde, pagará as consecuencias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES