Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soldados

lunes, 22 de agosto de 2005
O país máis poderoso do mundo (en termos económicos) non ten exército e mantén historicamente unha neutralidade que mesmo foi respectada durante a segunda guerra mundial. Suiza non ten soldados, e ten demostrado que unha nación –Confederación, neste caso- pode vivir sen un exército propio.

O país máis poderoso do mundo (en termos militares e de forza) non só ten unha maquinaria de guerra poderosísima senón que usa esa maquinaria como motor económico, e cada guerra que afronta é como unha inxección económica nos sectores productivos, á vez que esta guerra se orienta sempre á consecución simultánea de obxectivos políticos e económicos.

En España, onde vivimos unha dictadura seudo-militar durante case corenta anos, e onde levamos trinta anos de aprendizaxe democrático, aínda non chegamos a asumir que un país democrático pode ter exército, sempre e cando se acomode ós tempos de hoxe, e esté presto a defender o estado diante de calquera tipo de agresión: guerreira, social ou traxedia imponderable.

O papel do exército non está en defender a ultranza a unidade de España, senón en defender en calquera lugar do mundo a idea da Patria no sentido de procurar o ben común, da solidariedade entre pobos, na defensa da democracia, na defensa da paz mundial.

Se os tempos que corren impoñen que ese Exército se porte como unha O.N.G., pois moi ben, e todos contentos. Se os tempos piden que unha forza de paz vaia impoñela en lugares en guerra, sexa en boa hora. Se o exército español acode a salvar vidas en catástrofes, apagar lumes criminais ou vixiar a organización de eleccións independientes, está no seu perfecto papel.

Ducias de rapaces galegos morren en accidentes laborais ó largo do ano. Centos de mozos e mozas deste País do noroeste, ofrendan as súas vidas cada fin de semana porque así o quere o moderno deus do alcohol e das estradas. E de cando en cando alguén que extingue lume morre no exercicio do seu deber, sen que lembremos o seu nome e o seu traballo máis dunhas cantas horas.

Certo que a morte de dezasete soldados, a maioría galegos, se sente na alma. Pero cada morte tennos que afectar do mesmo xeito. Cada morte é unha perda social que ten que doernos a todos e cada un de nós como membros da sociedade na que vivimos.

Por eso compre salientar o valor da soldado (muller soldado e muller de soldado) que chorou, velou e levou no ombreiro ó seu home morto (home soldado), nas honras fúnebres que se lle tributaron.

E pedir que os poderes públicos valoren como corresponde os traballos máis sacrificados, esforzados e perigosos do noso entramado social, e compensen no posible as dificultades e perigos que o seu traballo diario entraña.

O seu traballo é beneficioso para o Estado, para a sociedade, para a humanidade. Compénsese axeitadamente, e póñase ó seu dispor tódolos medios para que sexa máis levadeiro, máis doado, menos perigoso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania