Chafalladas fílmicas
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 08 de julio de 2013
O que é non ter que facer. Tarde dominical pechado na casa. Logo de tanta lectura periodística, optei pola televisión e dispúxenme a ver a película Alien Attack. Sinceramente, levaba anos, moitos anos sen ver unha película tan mala.
Dende a primeira imaxe xa vin que aquilo sería unha chapuza. E cando xa se desenvolveu a primeira escena, quixen deixar de vela, pero nas outras demais cadeas ou xa empezaran as películas ou non había outras para ver. Aguantei entón coma un heroe ata o final para ver actuacións ridículas de actores de pacotilla e diálogos que nin causaban a risa de tan malos que eran.
O artistiña, a pesar de ser un exconvicto que xa tiña a soga ó pescozo, deambulou polo filme cun corazón de ouro, e a que facía de mala non sabía cómo poñer a cara para semellar mala.
Ó non ter que facer hai que tragar chafalladas fílmicas.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora