Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A velas vir

viernes, 19 de agosto de 2005
Libro e película hai para contarnos a existencia de xogos para ensaiar guerras, cada vez máis tecnolóxicas.

Pero das guerras económicas, que son as de verdade, fálase moito menos. E sen embargo, estamos en guerra.

O aspecto máis visible, quizais sexa o do petróleo. O crudo case triplica o seu precio “normal” en orixe, e o resultado final case non se nota no IPC, como se os combustibles non incidisen no custe da vida para tódalas nosas familias.

Cada día atopámonos cun grupo de noticias que veñen ser outras tantas mostras de inquedanza económica, e movementos máis ou menos encubertos das forzas que nela xogan… Unha xestora de fondos merca o un por cento do Banco Pastor, mentras o BBVA pretendeu mercar -sen conseguilo- un banco italiano. Os portugueses acoden mercar a Galicia cada vez con maior fruición, estes últimos tempos motivados pola subida de cinco puntos do seu Ive, mentras que nos enteramos de que só o catorce por cento do negocio eólico está en mans galegas, a pesar do noso alborozo porque algúns pequenos propietarios accedan a este sector.

Naturalmente que estamos inmersos plenamente nunha Guerra mundial, quizais a terceira, protagonizada especialmente polo terrorismo. Pero tamén o estamos nunha global guerra económica, na que os poderosos moven tódolos fíos e conmoven tódolos escenarios, e na que sería desexable que todos puidesemos ser protagonistas e non só sufridores, na que todos puidesemos xogar.

Pero do mesmo xeito que os xogos de guerra son para especialistas, e as guerras para os que gobernan a violencia, os xogos de guerra económica son para os poderosos que poden influir coas súas decisións nos comportamentos dos axentes económicos e nas nosas particulares economías.

Non poderemos nunca ser xogadores destes xogos, nin siquiera espectadores porque é imposible ter información abonda para contemplar o desenvolvemento das batallas.

Quédanos, só, o papel de comparsas. Vemos tan só unha parte moi pequena do escenario, adiviñamos algunha que outra xogada, e recibimos os impactos máis ou menos directos de todas elas.

Estamos, como dixo Francisco Cacharro en relación coa sucesión de Fraga, “a velas vir”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES