Coa Igrexa topastes
Cardalda, Theo - jueves, 04 de julio de 2013
Desde o Preguntoiro
Quitad esto de aquí: no hagáis de la casa del padre un mercado. Isto o dicía Jesús no templo ante os vendedores de bois, ovellas, palomas e cambistas . Fixo un látego de cordas e votounos fora do templo e tirou as moedas dos cambistas e volteou as mesas.
Isto ven a conto sobre a resposta que deu o goberno ante a pregunta que fixo IU dos datos dos inmobles que a Igrexa adquiriu desde 1998. O goberno deu a resposta usando a protección de datos ocultando esta pregunta.
Unha vez máis, o goberno, négase a dar explicacións dun feito absolutamente falto de transparencia e de ocultación por tratarse da Igrexa (por certo, non paga nada polas súa propiedades).
Unha vez máis, a inxustiza deste goberno non ten parada onde reclama recortes a todos sanidade,ensino e subidas de impostos, mentres á súa aliada desde séculos non lle recorta as subvencións (dez mil millóns de euros). Non encanto, un goberno corrupto como o que temos, ten que actuar desta maneira. De non ser así, non serian consecuentes cos seus ideais carcas. O que pasa que se o fixeran público a xente daríase conta de todo o que apropiouse esta empresa relixiosa.
O trato especial que goza a Santa Madre Igrexa e a falta de transparencia sobre este tema, neste país non só é unha incidencia patética. É un exemplo máis do mal funcionamento da democracia. É unha ditadura de políticos que cada catro anos o bipartidismo fai subastas como se foran os Fariseos no templo.
Temos que acadar outro Xesús ou como lle chamemos do século XXI, para escorrentar a estes malvados caia que caia deste templo chamado España que nos están levando a un camiño sen saída.
Ao paso que imos, dáme a sensación que volverei a ollar xogar a partida no bar, ao cacique, o cura e o sarxento do cuartel. Os demais a velas vir. A Igrexa vai ben, dixo Rouco Varela. Pero nada di do que está a pasar cos cidadáns neste país.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora