Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santifica-las festas

lunes, 15 de agosto de 2005
En tempos era mandamento grande e hoxe aínda pervive nas Taboas da Lei, pero parece quedar amplamente superada pola realidade.

Para os que fomos educados nun cristianismo rutinario e globalizador, era de xeral entendemento que o de santifica-las festas significaba que tal día como o da festa dominical non se debía traballar e habería que acudir á misa ou substituír esta acción por outras piadosas ou sociais que redundasen no beneficio preferentemente espiritual da comunidade.

E así como outros aspectos da normativa cristiá se levan coa lixeireza que os tempos permiten e aínda esixen, este mandamento de santififcación festeira parece terse superado en toda a súa amplitude, cumpríndose mesmo por exceso.

O amplísimo fin de semana que vimos de vivir, de venres a luns –ambolos dous incluídos- con milleiros de festas en todo Galicia, é un exemplo perfecto desa nosa santificación.

Só se adicaron ó traballo aqueles que non tiveron maís remedio por traballar na hostelería, na información diaria, nas gasolineiras, en Tráfico, e pouco máis. O resto, a disfrutar.

O da misa pervive para minorías, porque a inmensa maioría opta nestes días por substituir esta actividade pola mortificación activa da circulación rodada, que repercute en tódolos demáis e non só nun mesmo, e pola tortura que supón o disfrute praieiro.

Como é verdadeiramente dubidoso afirmar que esta actividade lúdica produce un balance favorable de disfrute, ben se pode dicir que a festa queda santificada se se aceptan os seus rigores con cristiana paciencia.

Bromas aparte, moito temos camiñado os galegos no camiño da santificación das festas, porque hogano parece que só vivimos de ponte en ponte, de festa en festa, de vacación en vacación. E o certo é que, a pesar dos nomeamentos, do cambio, e dos incendios, ata que non entre ben setembro non hai nada que facer.

Adiquémonos, pois, á piedade agosteña, facendo méritos no moral para que cando chegue o outono quente que se albisca esteamos preparados para o material. A fin de contas, “primun vivere”. Quédannos dúas semanas para “filosofare”, santificando festas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania