Se o Padre Angel...
Editorial - martes, 02 de julio de 2013
O Padre Ángel, toda unha lenda pola súa dedicación aos que menos teñen, ven de provocar aos presidentes do Congreso dos Deputados e do Senado, ao invitalos a que durante o verán estas institucións dediquen os fondos que habitualmente administran para atención dos membros electos a dar de comer aos máis necesitados, e que o servizo sexa prestado directamente polas súas señorías.
Certamente, é unha proposta revolucionaria que vai provocar inquedanza e sentimentos encontrados, e non se verá concretada nunha realidade ostensible, pero fará tremer os cementos de ambas institucións, e non faltarán deputados e senadores de determinadas minorías que se ofrezan para este cometido de atención aos necesitados.
É unha proposta revolucionaria con pouca fortuna realista, e sen embargo causará unha fonda impresión se non cristaliza porque poñerá de manifesto, unha vez máis, a diferencia abismal existente entre a clase política e os necesitados.
Non é a misión de Congreso e Senado a de dar de comer ao famento, pero pouco vai importar á hora de xulgar as reaccións das institucións e dos seus membros.
Se o Padre Ángel é complacido, as institucións entrarán nunha dinámica perigosa pero estarán preto do pobo, acreditarán que representan a todos. Se non, nada perderá coa petición e gañará en repercusión a súa proposición e en lonxanía as dúas institucións.
Sexa cal fose o resultado, a repercusión está garantida. E o rédito positivo ou negativo- para os políticos segundo a súa postura individual ou colectiva, tamén.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora