Televisións
Editorial - domingo, 14 de agosto de 2005
Non hai tantos anos que os galegos -como tódolos españois tiñamos unha sola televisión que conseguía audiencias multimillonarias, sempre en aumento pola extensión do fenómeno pola nosa xeografía.
A segunda cadena, as autonómicas, as privadas e as canles de pago amplaron de tal xeito o panorama audiovisual que o reparto das audiencias fai difícil a loita entre as canles, e complicado o reparto publicitario que se supón será proporcional ó seguimento do público espectador.
Case un oitenta por cento dos españois ve a televisión a diario, frente a un 32 por cento que le xornais ou o 41 por cento que escoita a radio.
Esta realidade pode ser a que move ós poderes públicos a multiplicar a oferta audiovisual, ben sexa para dar maior oportunidade á iniciativa privada a que entre no negocio dos medios informativos (versión optimista e crédula), ben para evitar que ningunha cadea poida posicionarse radicalmente en calquera aspecto con perxuicio político para o gobernante (versión pesimista e real).
Galicia vai ter dúas canles autonómicas máis, máis as correspondentes televisións locais, máis as que nos cheguen de Madrid, máis
A loita pola audiencia vai ser a morte.
E estaría moi ben unha loita sen cuartel se esta contenda se basase na calidade e non na cantidade.
Unha das canles novas La Voz- ten cartas de axuste locais en diversas cidades por non ter ousado loitar a escala local ata agora. Outra Popular está loitando a brazo partido ofrecéndonos cine cómico e Crónicas de un Pueblo, como exemplos perfectos de acomodación ós tempos que corren.
Canto más aumenta a oferta televisiva, menos hai que ver, din moitos galegos.
Haberá que esperar a que alguén se o hai lles e nos demostre o contrario.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora