Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Axencia Tributaria

lunes, 01 de julio de 2013
Se algo lle asignamos por principio á Axencia Tributaria é unha certa infalibilidade, e a seguridade de que posúe de cada un de nós máis datos e máis certos ca nós mesmos.

Por eso a maioría das declaracións da renda, especialmente as que teñen como principal contido as rendas do traballo, danse por conformes polos contribuíntes entendendo que cando a Axencia o comunica é sinal de veracidade.

E sen embargo pode haber erros, e recentemente deuse un sonado, clamoroso, cando se lle atribuíron a unha Infanta de España determinadas propiedades que logo resultou non ter relación con elas. Esto, dentro dun proceso xudicial, veu axitar augas xa de por si procelosas, e ese tribunal popular que funciona sen control de ningún tipo pronunciou sentencias inapelables que vai ser ben difícil revocar.

Despois duns días de incerteza no que houbo palabras de ministros, de colexios de notarios e rexistradores, produciu unha convulsión social incrible, que cristalizou o pasado venres na dimisión da directora da Axencia Tributaria para tentar poñer fin a un problema que pode seguir subindo de nivel.

Os erros poden producirse en calquera institución humana, pero hai temas cos que hai que poñer especial coidado, e se todas as persoas merecen respecto e privacidade, máis cando están inmersas nun proceso xudicial e – de xeito especial – cando se trata de xentes con determinados postos ou niveis sociais que fan irremediable calquera impacto social que arredor deles se produce.

A Infanta sofre no seu prestixio, pero máis a Axencia Tributaria. Tiñamola por infalible, e resulta que non o é. Haberá que repasar todo o que nos afecte de xeito directo, por se acaso hai algún erro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania