Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Educar: para cando separar os irmáns das irmás?

lunes, 01 de julio de 2013
Un máis dos temas candentes actuais é a reforma da educación defendida polo Ministro de Educación Sr Wert, que xerou un forte rexeitamento social. Unha das razóns para o rexeitamento, que non ten nada que ver cos graves problemas económicos que causan tales reformas, son as subvencións ás escolas privadas en aulas que separan os nenos das nenas; de seguirmos por este camiño axiña chegaremos a cuestionar se é preciso separar nos domicilios aos nenos das nenas, tremenda aberración que vai crear unha sociedade doente.

Penso que o ministro, cando fala da "reforma da educación" refírese, case exclusivamente, á instrucción, á transferencia de coñecementos prácticos. Unha lei para o ensino xeral dun pais, precisa dunha declaración de principios educativos que a sosteñan. O mal xurde na raíz, ou sexa, no concepto primario no que se debe sustentar a acción de educar, tantas veces, trabucada por instruir, ensinar ou socializar. Na educación, o material co que se traballa, o neno ou o mozo é primordial. Se a persoa é o máis importante, entón o estado, a relixión, a patria, ou o modelo social, todo eso é secundario e non debe definir un programa educativo. O principal obxectivo da educación é desenvolver ao máximo as actitudes dunha persoa para que sexa feliz, iso implica liberdade de acción e liberdade de elección.

Cando o programa educativo parte dun tipo de sociedade concreta, e pula por formar persoas fieis e asoballadas , e dicir, afectas ao réximen, estamos nunha ditadura , onde un home ten un valor moito menor que o desenvolvemento tecnolóxico ou económico do país diante do cal debe axionllarse. Como é sabido os modelos políticos totalitarios “non educan, só socializan” aos súbditos (non cidadans) para que sexan engranaxes da cadea social, sempre fieis ao credo totalitario e nada problemático para o sistema. Nos países democráticos o primeiro criterio que debe rexir un sistema de ensino consiste en valorar a persoa por riba de todo, incluindo a relixión sexa maioritaria ou de minorías .

Para acadar o fin principal da educación hai que marcar obxectivos. Os principais son dous: desenvolvemento sensorial e desenvolvemento lóxico, dentro dun marco de valores éticos individuais e colectivos, comezando con: respectar, corresponsabilidade, e xenerosidade. Coloquei primeiro o desenvolvemento sensorial, porque o primeiro coñecemento obtense a través dos sentidos: as cores, as risas, o cheiro da nai, padal, tacto. Cómpre educar os sentidos, porque a linguaxe é son e mensaxes codificadas, que nos permiten pensar, xa que logo melloran o desenvolvemento lóxicos. Canto mellor funcionen os sentidos, mellor será a capacidade de aprehensión (por extensión aprender) teremos.

A esfera sensitiva do home ten aspectos moi importantes como o "sentimento relixioso" e o "afectivo-sexual". O sentimento relixioso non é unha parte natural do ser, é dicir, unha persoa non nace con el, pola contra sí pode , sendo adulto, pensar no fin da vida, iso é lóxica filosófica, pero é difícil que extrapole de esa cuestión unha idea relixiosa. É bon e necesario o ensino filosófico e ético, tamén o relixioso baseado na defensa da xustiza, a igualdade e a xenerosidade, que non ten por que incluir ritos ancestrais.

O outro aspecto, o afectivo-sexual, require unha educación baseada no mesmo valor propio e do outro, é esencial adestrar aos nenos e mozos nos diversos sentimentos afectivos: maternal, fraternal, amizade e relación de parella, cada un deles ten o seu alcance e modo de acción. No caso do afecto de parella debe ser complementado coa educación sexual.

Para educar hai que ter en conta o papel dos tres órganos esenciais da persoa: corazón, cerebro e xenitais; intentar ignorar un deles é deixar a educación incompleta e condenar o tema como algo malo, intocable.

Aos nenos e aos mozos hai que educalos para a realidade que van vivir, de xeito sinxelo, abertamente, sen tapuxos nen maldades, sen falsos escrúpulos, cunha escala de valores donde roubar os bens da comunidade sexa moito máis grave do que é o primeiro bico erótico.

Retomamos os outros conceptos mencionados anteriormente: instruír, ensinar, aprender. Todas as persoas na sociedade están aprendendo a cotío, sen programa, é o autoaprendizaxe, por exemplo, un vén do campo á cidade, ten que aprender a mercar un billete de autobús nunha máquina automática.

Por outra banda recibirán ensinanzas múltiples ben planificadas, desde aprender a conducir un auto, hasta obter un diploma ou grao universitario que os capaciten para desenrolar un traballo, unha profesión; neste caso, o máis importante non é educar á persoa, porque se da por feito que xa está educado, senon facer que adquira coñecementos sobre materias específicas, que debe lembrar e ampliar nos anos sucesivos da súa vida profesional.

Dito o cal, é función do mestre, do pedagogo, moito máis que do profesor universitario, descobtir ao ser que comeza o camiño da sua educación, tratalo con delicadeza e respecto, sempre considerando que é e debe ser libre, totalmente libre.

No momento actual, e ante os recortes económicos que estamos a sofrir, e o aumento da ratio (alumnos por profesor) dende a primeira infancia, o fin educativo que vimos de diseñar é imposible de alcanzar. Por eso moitos pensarán que esta teoría é utópica, pero quen se nega a recuperar as utopías nun mundo tan desnortado como o que nos toca vivir?. Ao fin, unha boa educación levaríanos á máxima: Homo hominis res sacra, “o home para home debe ser algo sacro”, se fose así, qué ben nos iría a todos!.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES