Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que a morte non sexa en valde

martes, 09 de agosto de 2005
O novo Conselleiro de Medio Ambiente, diante da traxedia do lancarés morto en Ourense pilotando unha avioneta de extinción de incendios anunciou a toma de de conciencia sobre o tema dos incendios, e unha moi importante acción contra esta lacra que sofre o monte galego.

Rematou indicando que agardaba que esta morte non fose “en valde”.

Cabe supoñer que un político, diante dunha traxedia así, non ten moito que dicir, porque pouco poden dicir palabras de consolo ou pesar diante dunha perda humana.

Pero tódalas mortes son igual de lamentables, todalas mortes son en valde. Posiblemente todas sexan imposibles de evitar; posiblemente o infortunio pode máis que calquera previsión, dotación de medios ou organización.

Pero se consideramos que as mortes non son en valde, é porque fixo falla que se producisen para a toma da correspondiente decisión política ou administrativa, e eso non podemos admitilo. Eso nin siquera se nos pode ocorrir pensalo.

Descansen en paz os mortos que calquera tipo de guerra produce. Loitemos contra a guerra, sen cuartel. Neste caso, contra o lume que queima a nosa riqueza colectiva, a nosa natureza e o noso futuro.

Lamentemos as mortes que se producen en esta coma en tódalas guerras. Pero que ningunha morte sexa precisa para que a loita se acrecente. Que ningunha morte sexa necesaria para que todas as nosas forzas, intelixencias e vontades se poñan en marcha para loitar contra o cruel enemigo que temos enfrente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania