Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que din os rumorosos?

domingo, 07 de agosto de 2005



Supoñiamos que as disensións nos socios do goberno galego xurdirían en algún momento, porque se xorden entre persoas da mesma ideoloxía, xuntando ideas abondo dispares, en algún momento as opinións teñen que diverxer.

Pois empezou polo Himno, no momento mesmo da toma de posesión do novo Presidente da Xunta de Galicia.

Hai moitos anos – vinte, quizais- que Fraga se enfadou de xeito ostensible porque nun acto político no antigo Pavillón dos Deportes de Lugo se interpretou o Himno Galego completo, con estrofas que normalmente son inusuais por resultar para algúns demasiado fortes: “Os bos e xenerosos / a nosa voz entenden / e con arroubo atenden/ o noso rouco son./ Mais só os iñorantes / e féridos e duros /imbéciles e escuros /non nos entenden, non./Os tempos son chegados/ dos bardos das edades / que as vosas vaguedades /cumprido fin terán./ Pois donde quer, xigante / a nosa voz pregoa / a redención da boa / nazón de Breogán.”

O usual é utilizar a primeira parte, máis coñecida. A que remata proclamando: “¡Desperta do teu sono, Fogar de Breogán!”.

Coñecida, según para quen, xa que moitos políticos deberan acudir a un cursiño urxente para aprendelo, e a transmisión televisiva da toma de posesión deixouno bastante claro.

Neste acto da toma de posesión do Presidente Touriño puido apreciarse un corte radical do Himno para que non entrara a segunda parte. Corte mal feito, que deixou no aire un par das notas proscritas.
O feito aprece que molestou de xeito especial ó destacado militante da UPG, deputado polo Bloque no Congreso, Francisco Rodríguez, que o fixo notar ostensiblemente.

Agardemos que non sexa máis ca unha anécdota, aínda que en tema tan importante como no terceiro – despois de bandeira e escudo- dos símbolos do noso País.

Temos un Himno forte, duro, como se supón que debe ser calquera composición que quere representar a un País e poñelo (metaforicamente) en pe.
Os rumorosos da verdecente, nesta ocasión, rosmaron desavenencias.
Ogallá que sexa só unha anécdota. E que o político matrimonio teña unha vida feliz.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES