Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pitadas

martes, 25 de junio de 2013
Para quen os escraches son demasiada provocación e sen embargo quere facer constar a súa oposición a un tema, queda o recurso da pitada.

A pitada é unha crítica sonora que cando se produce suscita, como un eco, a complicidade do contorno, e así ven resultar un éxito este xeito de pronunciarse sobre calquera feito ou persoa.

A pitada que a raíña Sofía sufríu recentemente ven deixar como un regusto de mal sabor, porque é a máis profesional daquela casa, a que menos resbalós tivo, e a que mellor mantén o tipo institucional. E sen embargo tamén a ela lle tocou.

Cando se lle pita á Raíña Sofía estanlle pitando á Familia Real, ao goberno, ao traballo institucional, á situación xeral, ao ambiente de agobio que nos rodea. E se o pitido o recibe unha sóa persoa, co mal trago que iso comporta, ao ser proferido de xeito colectivo, anónimo, é toda unha válvula de escape para un tempo e un lugar.

E non sempre reciben as pitadas os máis directamente implicados, os máis responsables, os que merecen críticas.

Esta vez tocoulle á raíña Sofía. É un mal síntoma, un mal dato, unha mala sensación. Evidencia que a cidadanía está farta de problemas, e pronúnciase contra as cabezas máis visibles. Esta vez tocoulle á raíña. Que tomen nota os que teñen responsabilidades na gobernación deste país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES