Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xermade: Premio Eolo

martes, 25 de junio de 2013
Si en xuño ventea ”afía a fouce e limpa a eira”… Xermade tamén aproveita, e o 15 converteuse na rosa dos ventos. O sector deulle o Premio Eolo pola interacción de enerxía e entorno rural. Sotavento é un manancial de información sobre as novas tecnoloxias.

Matinaba que esta palabra que escoitaba ós mariñeiros da Costa da Morte, só tiña que ver co mar adentro, e sorprendeume que nomease este enclave ó pé da Serra da Loba nos confíns da Chaira, que Manuel María cantou coma un “mar en calma”, porque é unha baía rodeada por serras na que aniñan os ventos que a cruzan.

O vento é un dos elementos máis suxerentes para a lírica chairega. O que fire á poesía é a desfeita que producen na paisaxe os muíños do vento. É a paga que saldamos polo que chamamos progreso. A cara e a cruz do devir humano, que mestura luces e sombras, un paradoxo, porque Sotavento converteuse nun espazo privilexiado para investigar as novas enerxías e o seu aforro dende a nosa vida cotiá, mesmo cunha política sostíble. Un obxectivo fundamental hoxe. Canto disfrutamos na visita á casa bioclimática!, dende a súa situación e orientación, onde loitaron contra o impacto visual, respectando a contorna, volvendo á arquitectura sostíbel dos antepasados. Unha mágoa que na construcción dos parques eólicos non haxa a mesma dinámica e aprezo pola paisaxe.

Aprendemos a aforrar en calefacción, auga, luz…, cunha montaxe en harmonía coa natureza, aproveitando os ritmos das estacións. Todo configurado segundo os cánones tradicionais: os materiais (madeira, pedra de grá, pizarra…), as cores, o aproveitamento do sol, non só coas placas solares, tamén coa apertura das ventás no lugar axeitado. As novas técnicas asimilaron a sabedoría popular enxergada durante séculos para deseñar e crear este modelo de vivenda rural que non desentona no país. É o punto axeitado para experimentar a busca dun benestar óptimo recortando custos e fornecendo de saúde a Terra Nai. Acadan a electricidade co vento e o sol, e a auga quente coa biomasa que en varias comunidades da cidade está a aforrar o 50% da factura, comparada coas enerxías fósiles.

O vento é arestora a voz de Iglesia Alavariño: “...Nos curros de Aldoar/durmiu esta noite o vento coa Oreade./Os seus bicos sabían a queirogas,/a rosadas e xestas do Valiño/con froles e niños de xemexeme./Traiguía nas súas maus un sono ledo/ de aloumiñar centeos e liñeiras”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES