Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Díaz Castro

lunes, 24 de junio de 2013
"Eu non sei", dicía Díaz Castro referíndose a por que os seus veciños de Guitiriz o tiñan en tanta estima. "Eu non sei porque fan estas cousas, por que me agariman".

Hai case un cuarto de século que nos deixou. Tiña un só libro publicado - NIMBOS - que resultou ser pedra angular para a literatura galega de mediados do século XX. E cando viu o rebumbio que o libro formara, a acollida entusiasta dos especialistas na materia, non ousou publicar nada máis. E para a historia quedou o poema "Penélope" como unha bandeira, como unha enseña - cantado polo grupo A Quenlla - para reflectir que o noso camiñar como país ata o de afora foi "un paso adiante e outro atrás, Galiza".

Este país vaille dedicar o Día das Letras Galegas en 2014, precisamente cando se cumpren os cen anos do seu nacemento. Se puidera falarnos, diríanos "eu non sei, porque Galiza me fai facer isto".

Porque o mereces, Xosé María!. ¡Parabéns, amigo!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania