Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unicén

viernes, 05 de agosto de 2005
Hai anos, cando a penas sabiamos cales dos productos que comprabamos eran galegos, fixo furor comercial a frase publicitaria “Unicén: el pantalón que sienta bien”.
Anos despois enterabámonos de que Unicén era galega, ferrolana. E hai uns días, coñecimos que os seus 140 traballadores van ser despedidos ó ter presentada a empresa unha “declaración concursal voluntaria”, que é o que en tempos se chamaba declaración de quebra.
A culpa da desaparición da empresa lévaa esa agresiva competencia comercial – legal ou ilegal – que chega de China.
Pode que non teña nada que ver co tema, pero hoxe calquera localidade que se precie ten o seu feirón semanal ou quincenal. E neses feiróns deron en aparecer postos de venda dos máis diversos productos, preferentemente roupa, nos que é posible mercar todo tipo de prendas por precios que van desde os tres euros ós doce, por poñer unha cifra, podendo mercar roupa por cantidades que parecerían exiguas aínda que só fosen as marxes comerciais dos vendedores.
Parte destas vendas poden ser restos de partidas non vendidos, material de segunda clase ou con fallos, pero o certo é que son milleiros as prendas de roupa que os galegos mercamos por cantidades irrisorias, increíbles.
Pode parecer ben diferente, pero xa se anuncia a chegada de atún tailandés ós nosos mercados, co aviso de que fará perder dous mil millóns de euros ás nosas conserveiras.

Os comerciantes establecidos, que pagan os seus impostos e sosteñen empregados, que arriscan e manteñen aberto todo o ano, fan ben en unirse diante dun mercado emerxente ó que non se lle pode negar o dereito a vivir, pero que debe xogar coas mesmas regras e ter os mesmos controis que o comercio normal ou tradicional.

Unicén é un aviso, un bo aviso que segue ó de Antonio Perna (absorbido por Caramelo), un aviso que non fai máis que sumarse ó clamor do comercio galego diante de invasións foráneas que pode que non respecten ningunha das normas que ata agora marcaron os nosos comportamentos.

Desexamos que Unicén se recupere, coa fórmula que sexa, como proba de que a moda galega sigue viva e forte. E que as novas autoridades da Xunta – Consellería de Industria, Turismo e Comercio – tomen as debidas cartas no asunto, polo ben de todos
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania