O ronsel do avión
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 24 de junio de 2013
O ronsel que deixou o avión ó pasar reflíctese sobre o ceo molgués e mirando en dirección ó outeiro de Sudalomba, pertencente ó monte Medo.
O ronsel, segundo van pasando os segundos, faise cada vez máis ancho e, pouco a pouco, fórmanse nubes que axiña se dilúen.
O avión xa se perdeu na distancia e o ronsel forma un carreiro polo medio que se fai máis e máis ancho segundo pasa o tempo.
Un corvo interponse entre a miña mirada e o ceo azul xusto no momento en que un cacho de ronsel se parte definitivamente do resto e deixa unha imaxe rara pero bonita.
Se me distraio un pouco, en cada nova ollada, vexo ocos máis grandes no ronsel. Axiña desaparece este por completo. Pero asoma logo outro avión que tamén deixa un pequeno carril de fume branco.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora