Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, a droga

viernes, 21 de junio de 2013
Que a drogadicción é unha lacra admíteno ata os que a padecen, e quizais estos de xeito especial. Porque demostrado está que é unha carreira cara á morte, sen futuro, sen esperanza, sen solución.

Que podemos considerar en sentido amplo que a droga é máis ca esas sustancias destructivas que coñecemos, e inclúese o alcohol nos seus máis diversos grados e incidencias, e a ludopatía que se convirte en droga aínda que afecte menos aos órganos físicos pero si directamente ao cerebro.

Estamos afeitos a considerar que o tema do alcohol, salvo excepcións, é un aspecto moito menos serio ca o da droga en si, e así é na maior parte dos casos, pero merece estudio e reflexión entender se se pode considerar droga ou simplemente un elemento que pode distorsionar a vida dunha persoa e a súa familia.

Sexa alcohol ou droga, tense dado recentemente un paso adiante no enrevesado mundo da inxestión destas sustancias, xa non por vía oral, nin intravenosa, senó por “slimming”, moda americana recentemente aterrizada en Europa que consiste en que as rapazas se “coloquen” con bebidas de alta graduación aplicadas nos tampax, cunha incorporación inmediata ao torrente sanguíneo, e os de ambos sexos co “eyeballing”, aplicándoas nas mucosas oculares, ou os “ oxy-xhots” a través de nebulización con broncodilatadores.

Son novas formas de drogarse, de emborracharse, pero tamén de posibilitar un suicidio polas consecuencias irreparables que estes novos métodos de “coloque” poden ter.

Xa non se trata de que algúns elementos xuvenís non as pensen á hora de intentar pasalo ben a base de alcochol ou outras sustancias. Trátase de que, polo que se ve, unha parte da nosa mocidade – agardemos que sexa moi pequena- está tola de atar.

O remedio, aparte de agardar que a moda quede anticuada, segue a estar na axeitada prevención familiar. Por moi carca (e difícil) que poida parecer esta observación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES