Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Déannos un sinal

jueves, 20 de junio de 2013
A historia e a lenda recolle numerosas ocasións nas que persoas que desexan crer piden un sinal ás alturas para tranquilizar o seu espíritu, para poder abrir o corazón, para facer entrega da súa vida.

Porque recibir un sinal é como se se acendese un faro que marque o camiño, que ilumine o percorrido, acreditar que se está na boa senda.

Agora necesitamos un sinal, non sabemos aínda por parte de quen. Pero necesitamos un sinal das alturas económicas, sociais, políticas, para ter conciencia de que aínda podemos camiñar coa certeza de que hai un camiño.

Despois de que nos enteremos –noticias de un día destes últimos- de que Bárcenas chegou a ter corenta e sete millóns de euros en Suiza, que segundo o fiscal Converxencia Democrática de Catalunya percibíu máis de seis millóns de euros en comisións ilegais, ou que Urdangarín utilizaba nas súas empresas facturas e gastos falsos para evitar ter que contribuir axeitadamente á Facenda, necesitamos que alguén nos diga que eso non pode repetirse, que se investigará ata o final, que os que resulten culpables serán penalizados con arreglo ao que determina a Lei.

Déannos un sinal que nos diga que estamos nun punto de inflexión, que ata aquí temos chegado, que nada desto pode volver a pasar. Déannos ese sinal, autoridades competentes, partidos políticos, organizacións sindicais e patronais... Déannos ese sinal ou atéñanse ás consecuencias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES