Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha Sentencia Xusta

jueves, 20 de junio de 2013
Desde o Preguntoiro

Unha Sentencia Xusta

A sentencia da maxistrada do Xulgado do Social número 2 de Vilagarcía foi contundente : “....reducir costes para obtener maiores beneficios...”, ante o traslado de a fábrica de Cuca a O Grove.

Despois dunha loita de meses pechadas, facendo garda día e noite para controlar que non levaran a maquinaria. e loitando polos seus postos de traballo con uñas e dentes. Este fallo xudicial ten unhas obrigas aos de Garavilla para repoñer as antigas condicións ás mulleres en Vilaxoán. As leis son como estas grandes mulleres de Cuca, están para respectalas, cousa que xamais o fixeron estes desalmados empresarios de Garavilla.

Moitos vilaxoaneses e a xente do común apoiaron a estas mulleres, non encanto, coido que aprendemos unha lección de valentía . A valentía de loitar polo posto de traballo, polas condicións de vida e dos seus achegados. Valentía de non ter ningún complexo, onde os acomplexados xamais acadaron nada. Estas mulleres son verdadeiramente admirables. Estiveron ao pé da fábrica con frío e algunha que outra frustración.

Representan a milleiros de mulleres deste país que loitan no anonimato, que xamais saen neses medios apodrecidos polas cousas ben feitas. A xustiza douvos a razón, tendes o dereito que a lei impón e agardamos con ledicia que cúmprase dunha vez por todas.

Frustracións houbo moitas nesa andaina de loita: a falta de apoio do Alcalde Sr. Fole e Patrón Maior deste porto Manuel Tarrío que xamais apareceron ao carón das mulleres a darlles ánimos e estar con elas para intentar mediar ante os poderes públicos, ou soamente por escoitar as vosas inquedas laborais e sostemento da fábrica en Vilaxoán.

Outro elemento frustrante foi o do Sr. Delegado do Goberno Samuel Juárez, cando ordena unha operación policial (neste caso mercenarios) ao estilo antiterrorista contra estas mulleres, cousa que xamais estes uniformados son capaces de cuestionarse cando unha orde é inxusta, xustificando sempre “debida obediencia”. Maldito país que xamais aprenderemos dos nosos erros desde fai séculos, cando se ten unha pequena parcela de poder (un sombreiro de chusqueiro) todo faise ás ordes de: “por mis coj.....” .

Coido que agora este Sr. Delegado fará o contrario e manda á policía a facer garda ao pé da fábrica para parar a fuga das máquinas, como aconteceu onte pola mañanciña. Estes tres devanditos irresponsables, teñen máis cara que un zapato vello e están sempre ao servizo do cacique de quenda, lembrándome aquela “longa noite de pedra”, Si , do fascismo que imperaba naqueles anos tenebrosos. Só os covardes son valentes coas mulleres.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES