Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atracadores novatos

miércoles, 19 de junio de 2013
As películas sobre atracos teñen unha gran variedade de tratamento segundo o importe que se pretende roubar, a profesionalidade dos presuntos ladróns, a planificación do atraco e a postura que adopte o director do filme, de maneira que o resultado pode dar lugar a unha humorada, un entretenimento ou unha traxedia.

Para todo hai que valer, e especialmente para roubar, xa que o resultado razonablemente debe ser directamente proporcional ao esforzo e a planificación, aínda que non sempre se pode xulgar tan directamente porque hai moitos factores que poden influir no desenvolvemento do atraco.

Polo que leín na prensa escrita, as aventuras vilalbesas dunha banda de presuntos aprendices de ladróns preocupou primeiro e debeu facer sorrir despois, porque non foi máis ca unha cadea de despropósitos que se elevaron á categoría de atracos pola sicosis que na actualidade temos de falta de seguridade, e ata de impunidade dos que se dedican a apoderarse do alleo.

Co control que a Garda Civil ten a escala local o lóxico é que os protagonistas destes atracos a maioría frustrados foran cazados en calquera estrada local, cando a captura está mesmo a punto de facelo un dos atracados que coñecendo o coche dos maleantes lles atravesa o seu na estrada facéndoos perder o control e saírse da vía.

Non é que eu abogue pola mellor formación dos delincuentes para dedicarse a estas actividades, que hai moitos xeitos decentes de gaña-la vida antes que dedicarse a apropiarse do que a outros lles costou moito traballo conseguir. Digo que os amigos do alleo deberían convencerse que é moito máis cómodo, menos exposto, traballar honradamente que andar a salto de mata entrando en casas alleas na procura de obxectos polo tanto alleos, coa perspectiva de que máis axiña que tarde os van a coller aínda que sallan rapidamente das dependencias policiais, en liberdade con cargos, por exemplo, mentras non se celebra o correspondente xuizo.

Nesta ocasión, é para tomalo a broma. Pero normalmente non é así, e este tempo difícil é especialmente propicio para que a delincuencia – neste caso desorganizada- colla forza e cause fonda preocupación.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania