De verdade, chegou a hora?
Editorial - miércoles, 19 de junio de 2013
Quixeramos crer que é verdade, que chegou a hora de que alguén meta en cintura aos bancos, todopoderosas entidades que inflúen, controlan, canalizan, regulan, acogotan as nosas economías.
Ata o de agora foron estas entidades as que marcaron o camiño, facilitando créditos, aumentando ou diminuíndo segundo os seus intereses, perdoando ou embargando, recibindo o apoio incondicional das autoridades competentes, menos independentes destas entidades do que deberan ser.
De repente, o Tribunal Supremo establece que determinadas cláusulas dos contratos hipotecaros a tipo variable son abusivas e que as chamadas cláusulas suelo, tan perxudiciais no momento actual son cando menos discutibles e discutidas. E a Defensora do Pobo pide ao Banco de España que actúe en relación con este tema.
Por outra parte, o Parlamento Europeo ven de pedir aos estados membros da Unión que desenvolvan procedementos para renegociar as débedas das familias e evitar o drama social do desafiuzamento, recomendando a dación en pago para evitar que os afectados teñan que seguir pagando ao banco despois de ter perdida a súa vivenda.
Mariano Rajoy, Presidente do Goberno, tenlle pedido á banca que estea á altura das circunstancias e faciliten créditos a emprendedores e empresas. Como se o pedir, a estas entidades e nestes tema, valese para algo.
Estas entidades só entenden un tipo de linguaxe... A do Tribunal Supremo e a do Parlamento Europeo seguro que a entenden perfectamente.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora