Goberno de Penenes
Editorial - martes, 02 de agosto de 2005
Na España dos setenta, os gobernos eran adustos e solemnes, coma o país. E houbo gobernos nos que predominaban os tecnócratas, os opusdeistas, os camisas vellas
Sempre de xente maior, ou que parecía moi maior.
Xa na democracia, a evolución foi lenta. Os gobernos suponse que estaban formados por catedráticos (catedráticas case non había), que chegaban ó goberno unha vez culminado o proceso docente na Universidade.
E cando se producíu unha renovación con xente máis nova, o goberno foi chamado de penenes, profesores non numerarios, por estimar que ó ser xente nova non eran aínda suficientemente preparados para as máis altas tarefas da vida pública.
En Galicia imos ter un goberno de xente nova, reducindo en dez anos a idade media do existente ata o momento. Sen embargo, a estes non se lles poderá chamar penenes, porque se son novos abondo preparados fogueados- están na profesión e na política.
Nos mencionados setenta, unha persoa de sesenta anos entraba na terceira idade. Hoxe, os sesenta anos son unha magnífica etapa na madurez de calquera persoa.
Ningún membro do goberno de Galicia chega ós sesenta anos. A media de idade é de 48. Aposta importante resulta pola renovación.
Aínda que fosen penenes, estaría ben probar. Como son catedráticos/as ou con similares categorías no resto das actividades sociais, benvidos, e ¡sorte!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora