Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Real Academia Galega

martes, 18 de junio de 2013
O próximo sábado reúnese o plenario da Real Academia Galega para designar a persoa á que se lle dedicará o Día das Letras do ano 2014.

Estamos seguros que volverán procurar un homenaxeado na longa nómina de poetas e novelistas que deu este País. Se for así –e non hai indicios para pensar o contrario- a institución volveríase equivocar unha vez máís.

Cincuenta anos despois da institucionalización desta festa en 1963, coincidindo coa conmemoración da publicación de Cantares Gallegos, a relación de autores homenaxeados son creadores literarios maioritariamente. Ademais, volverán ser protagonistas dos actos que se programen as asociacións de escritores, editores e colectivos de expresión cultural; entidades para as que temos todo o respecto e admiración, pero que non representan máis que unha cativísima porcentaxe da complexidade da sociedade galega.

Hai ben poucos días un académico dirixíalle unha carta aberta publicada nun medio de comunicación ó señor Presidente da Real Academia Galega. A epístola sorprendía, porque non era ese o medio axeitado para responder á preguntas que lle formulaba. Daba a entender o autor de tal misiva que el tiña as respostas pero prefería non facelas públicas. Xa se sabe o mirado que son algúns administrando o seu saber. De seren sinceiras as dúbidas que o preocupaban estas deberían ter sido debatidas hai anos en sede académica para reorientar a política cultural e lingüística da institución.

Se a Real Academia Galega non innova o seu discurso estará a desaproveitar as moitas propostas que ofrece o Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia ó que tantas veces apelan a institución e os seus membros .O futuro da lingua galega, díse no PXNL, no se xoga únicamente nos ámbitos da creación literaria. Porque hoxe son outros os sectores ós que debemos implicar para tecermos unha rede social de complicidades e estendermos a normalización lingüística a outras áreas tan decisivas na vida cotiá dos galegos. Ignoralos é un erro. Así non avanzará o proceso de normalización lingüística. O discurso da galeguidade debe secularizarse e procurar novos aliados.

Señores académicos: a ciencia, investigación e empresa ten na nosa historia cualificados protagonistas de inequívoso discurso galeguista. Na medicina sobrancean figuras de proxección internacional como Juan Rof Carballo; na investigación, Juan Rof Codina, Isidro Parga Pondal, que foi ademais empresario como Antonio Fernández, Álvaro Gil Varela, Xesús Canabal ou Enrique Peinador, moi a conto hoxe cando se está falar do papel importante do mecenado; xuristas de nídio pensamento galeguista e galeguizador foron Lois Porteiro Garea, Peña Novo, Sebastián Martínez Risco ou Daniel García Ramos.

A galeguización de Galicia só será posible na medida que fagamos incursións noutros ámbitos distinto do literario.Para cando un Día das Letras Galegas diferente no que participen empresarios , colexios profesionais ou investigadores? Perdeuse unha ocasión o ano pasado con Valentín Paz Andrade. Suliñouse en demasía a súa faceta literaria esquecendo as posibilidades que o personaxe ofrecía para que a RAG por primeira vez se adentrase no mundo da economía e relacións laborais. De vostedes depende a reoriencación do Día das Letras.

(Xosé González Martínez é o Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania