Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre a A8

lunes, 17 de junio de 2013
No semanario Heraldo de Vivero do doce de abril, publiouse un artigo asinado por D.J., queixándose de que os veciños da Mariña “seguen perdendo servizos”.

Pensando que a centralización en Lugo da xestión do Hospital da costa vai perxudicar a atención sanitaria na comarca, menciona o tema da Facenda en Foz e o Xulgado de Viveiro, para destacar o que considera traición ou roubo, o desvío da autovía do Cantábrico por Vilalba..

Denuncia o articulista que se está poñendo a proba a resistencia dos habitantes da Mariña desde o momento en que, en tempos de Fraga, “se levaron” –di- a autovía do Cantábrico “para a súa Vilalba natal, mentras que os alcaldes da costa, prácticamente todos do mesmo partido, asentiron, calaron e aceptaron o que dicta quen, de facto, mandaba sobre eles.”

A min sorprendeume o artigo, publicado na primeira páxina do xornal, polo que ten de visión personal sobre un tema que se presta a tantas visións como persoas existen na provincia. A mín paréceme o máis normal do mundo que a autovía do Cantábrico, entrada en Galicia e recorrido un tramo da provincia de Lugo, emprenda camiño cara ao centro da comunidade a través da Terra Chá, para vertebrar as terras lucenses, e conectar o norte da provincia co resto do territorio a través da Autovía A6, e con esta coa Coruña, coa capital Santiago, e co resto de Galicia.

A conexión da A8 en Baamonde da Terra Chá precisaría desde alí outra autovía cara a Santiago, que por agora é inviable económicamente e imos solucionando coa estrada de Teixeiro. E naturalmente que a A8 debería ter continuidade desde o lugar no que se interna no interior da provincia cara a Ferrol para alí unirse coa A6 no seu remate, para completar unha rede de comunicación, ideal para vertebrar todo o norte de Galicia, pero moito nos tememos que dadas as actuais circunstancias económicas se poida acometer unha obra deste calibre.

Calquera consideración, unha vez feita a obra, é pura teoría sobre o que puido ser e non foi, pero achacar a construcción da A 8 pasando por Vilalba a unha pura cacicada de Fraga parece fóra de lugar, e se non que falen as xentes de Lourenzá, de Mondoñedo, Abadín ou Begonte que teñen na Autovía un pouco da súa razón de ser económica e de comunicación, marcando un antes e un depois da súa existencia. E mesmo os concellos do occidente de Lugo, que pasaron medio século XX queixándose de abandono, de lonxanía ás terras de Lugo e suspiraban por eso por ser coruñesas para conseguir vías de comunicación axeitadas.

Ben está o que está feito. Xestionemos o que falta, que sempre faltará algo importante como, no caso de Viveiro, a unión co oriente coruñés e unha mellor conexión coa A8.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES