As Caixas no Parlamento
Editorial - lunes, 17 de junio de 2013
Dabamos pechado o tema das caixas falegas fusionadas, transformadas en banco, que camiña renqueante no mundo proceloso das fianzas de Galicia.
O público galego dao por pechado o tema, pero os políticos non. E no Parlamento galego van estudiar o tema, revisando documentación que está declarada secreto oficial, que poden coñecer os deputados galegos pero non o público en xeral.
O Parlamento vai citar aos outrora todopoderosos responsables das dúas entidades de creto galegas para que o próximo día vinteun comparezan díante dos nosos representantes para que relaten a súa testemuña do que aconteceu, como aconteceu, e por que aconteceu.
Se o tema tivera solución e puidesen volver a vivirse os tempos de viño e rosas da maiores entidades de aforro galegas, estaría ben remexer nos papeis e nas memorias para chegar a algún tipo de conclusión útil para o camiño a seguir. Pero a estas alturas da historia, nas que historia son estas dúas entidades, este exercizo de memoria non parece que vaia resultar de moita utilidade.
Coñeceremos grosso modo o que pasou coas caixas galegas, que os deputados hanse encargar de pregoar os datos sustanciosos que se vaian coñecendo, pero o resultado non será modificado porque foi consecuencia ou causa- da grave crise que parecemos que ten trastocado case todas as nosas realidades.
O tema está no Parlamento. O resultado témolo sufrido xa todos nós.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora