Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conservadores ou progresistas

viernes, 14 de junio de 2013
Cando unha persoa aqueixada por calquera enfermidade acode a un médico, non entra a considerar se é conservador ou progresista, se vota ao PP, ao PSOE ou aos nacionalistas, por ter en conta as tres opcións maioritarias nesta terra.

Tampouco importa a ideoloxía de quen nos amaña o vehículo, atende os nosos asuntos a escala básica na Administración, e incluso quen educa aos nosos fillos, porque a todos eles se lles supón que esquecerán o seu pensamento político, o seu sentemento ideolóxico para aplicar un comportamento básico, profesional, por enrriba de calquera partidismo.

E sen embargo, na Xustiza, si importa, e á hora de renovar o Tribunal Constitucional coméntase que tal maxistrado é conservador ou progresista, que se a maioría era progresista e agora cambiou a conservadora, como se houbese dous xeitos de interpretar a Lei en lugar dun só xeito de exercer a profesión de xurista.

Moito terá que ver neste tema a influencia que o poder político ten sobre os máis altos tribunais do Estado, designando membros afíns co pensamento do Goberno de turno. Mentras esto non varíe, mentras non sexa a Xudicatura quen goberne os seus asuntos sen inxerencia dos políticos, teremos dous xeitos de ver os asuntos que se someten a un tribunal – conservadores e progresistas – ou, o que é o mesmo, dúas varas de medir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES