Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilacións parciais

jueves, 13 de junio de 2013
E anticipadas. Eso é o que agora matina a Xunta de Galicia, e dentro dela a Consellería de Facenda que é a responsable destes temas.

A Xunta quere alixeirar as súas dotacións persoais, e vai procurar o que ata agora nin se mencionaba: a xubilación parcial de ata tres mil traballadores que reúnan determinados requisitos, para renovar as filas dos seus servidores, pero á vez contempla a reducción da xornada laboral entre un vintecinco e un setenta e cinco por cento, coa conseguinte reducción de emolumentos e conseguinte aforro nas correspondentes dotacións.

Parece evidenciar a conciencia do goberno de Galicia de que ten demasiada carga de persoal, sexa porque a actual coxuntura económica non require a mesma infraestructura funcionarial, sexa porque se estima que reestructurando a actual plantilla se poden conseguir similares resultados pola aplicación das novas tecnoloxías, control de persoal e calquer outro factor coadxuvante.

Tal como se presenta o futuro das pensións, na actualidade quen máis quen menos ten présa por convertirse en pensionista, e seguro que os plans da Xunta van ter resposta favorable e inmediata.

Está ben loitar neste campo da reducción de plantillas, pero mellor sería facelo á vez no da impulsión da actividade, na saída da crise, porque se non calquera outra coma esta será un parche parcial e temporal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES