Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

“Sabios” expertos en Camanduladas

jueves, 13 de junio de 2013
Desde o Preguntoiro

Non sei se moitas das persoas do común dánse conta dos golpes de estado que veñen acontecendo moi solapadamente neste país: Golpe de estado á sanidade, golpe contra o ensino e agora contra os máis febles da sociedade: os pensionistas. Intentan dinamitar o sistema de pensións baseado nun informe de doce “sabios”, onde oito deles foron e están ao servizo da banca e das aseguradoras, sendo o seu presidente un colaborador de FAES. Outro que votou a favor pertence ao sindicato de CCOO e membro do partido de Rosa Díaz.

¿Sabios ou expertos?. Si, expertos en camanduladas. Dánlle un nome rimbombante para facer máis crible o asalto privado dos sistemas de pensións. Escoitando a grandes economistas e catedráticos deste país o informe está cheo de falsidades, manipulacións e erros de principiantes.

Todo o informe só ten un único obxectivo; dar coartada para baixar as pensións e tratar de acadar que os cidadáns sexan conscientes do que teñen que facer: contratar plans de pensións privados.

Esta crise-estafa provocada por eses neocóns e banca, vénlle a estes depredadores como auga no deserto para rematar de saquear o pouco que nos queda do estado do benestar, xustificando todo o que faga falla con tal de xestionar no seu proveito o grande volume de fondos que móvense nas pensións públicas .

Esta clase política que nos goberna do PP e a banca coa axuda indirecta do PSOE (con pactos entre bambolinas) ten unha estratexia, meter o medo no corpo asustando á poboación con falsidades, sendo todo o contrario, onde o gasto en pensións é inferior a media europea (10,7% fronte ao 13,5% do PIB) e segue existindo un superávit de 62.000 millóns de euros no Fondo de Reserva da Seguridad Social.

¡Sabios!. Manda carallo na Habana con estes “sabios” que escolleu a Ministra Fátima Báñez (non creo que fora por indicación da Virxe do Rocío). Estes “sabios”galopíns non son independentes, imparciais e obxectivos. Son profesionais ao servizo de entidades financeiras moi ben pagados, promovidos por os mesmos intereses de UNESPA a patronal das aseguradoras.

Do “sabio” Miguel Angel García de CCOO, só teño que dicir o baixo que está caendo este sindicato cheo de arribistas. Necesítase unha boa limpeza en todas as sentinas deste buque que perdeu o norte fai tempo. O tema é moi grave, a gangrena está tocando oso. Se Marcelino Camacho erguera a cabeza...
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES