Un aplauso para as familias
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de junio de 2013
Non vou a xulgar se tódalas familias fan o que poden e deben no tocante á educación dos fillos ou non.
Eu non son quen de xulgar a ninguén.
O que si vou a facer nesta oasión é aplaudir con tódalas miñas forzas a aquelas familias que teñen a eduación dos fillos como unha prioridade e que acertan no modo de levala a cabo.
Como profesional do ensino, sei que o labor de educar é sumamente arduo.
¿Cando foi doado?
Desde que eu recordo, sempre houbo perigos máis que suficientes para que a infancia collera malos exemplos.
Eso non faltou nunca. Hoxe máis que nunca....
Do mesmo xeito tampoco faltaron persoas exemplares que suberon escoller o camiño adecuado e ser un referente para a infancia.
A quen quero aplaudir é ás do segundo grupo, a aquelas persoas e a aquelas familias que viron claro cal era o seu obxectivo e con moito tesón e moito esforzo son un faro que alumea o camiño por onde irán outras que veñan detrás.
Tamén quero aplaudir a aquelas promocións de alumnos que dá gloria traballar con elas porque:
-Veñen mentalizados da casa.
-Porque a familia colabora coa escola.
-Porque aínda existen pais e nais que saber exerce-la paternidade e a maternidade como é debido.
-Porque hai familias que poñen as cousas claras ante os seus pupilos desde o principio, que non regatean esforzos, que teñen claros os seus obxectivos, que sacrifican o que haxa que sacrificar a favor dunha educación en conciencia.
-Porque hai familias que marcan unha liña encamiñada á formación da infancia en estreita colaboaración co profesorado e que seguen ó pé da letra unhas pautas que consideran de suma importancia para a formación da próxima xeración.
-Porque hai familias coas que dá gusto traballar porque colaboran coa escola para que a mente infantil estea en condicións de sementar os froitos que outro día se queren recoller.
-Porque hai famílias que lles dedican tempo ós seus fillos aínda que teñan unha dura e longa xornada de traballo.
-Porque hai pais e nais, homes e mulleres que loitan por un mundo mellor.
-Porque hai persoas que teñen a cabeza onde a hai que ter e saben o que hai que facer. Homes e mulleres que non dubidan en disciplinar ós seus fillos indicándolles que cousas son importantes e cales non, independentemente das correntes mundanas do momento.
Estas persoas cultivan valores tan fundamentais como a disciplina, a responsabilidade, o esforzo, o traballo ben feito, a honradez, o respeto polas persoas e pola nai natureza, a solidariedade, o fiel cumprimento do deber... e un longo etc.
Quizás non sexan das máis aplaudidas, nin das máis famosas, nin das mellor vistas socialmente, porque o que está de moda é outra cousa, pero a longo prazo sairán beneficiadas pola satisfacción que produce a paz interior derivada do deber cumprido.
Estas persoas merecen o aplauso de tódolos que sabemos valorar o bo da vida.
A estas alturas do curso escolar é a hora de recolle-los froitos.
Recóllese do que se sementa, en maior ou menor medida dependendo das circunstancias persoais de cadaquén, pero a colleita está asegurada.
¡Noraboa para tódalas familias que acertaron no seu bo facer!
¡Que mellor coleita que unha infancia ben educada!
O futuro dunha sociedade está na educación da infancia.
A infancia ben preparada é a mellor fonte de riqueza para un país.
Unha infancia cunha boa educación de calidade será a base:
-Dunha sociedade educada.
-Dunha sociedade traballadora.
-Dunha sociedade honrada.
-Dunha sociedade formada.
-Dunha sociedade solidaria.
-Dunha sociedade civilizada.
-Desa sociedade que todos desexamos.
Por eso, todo o que se diga e todo o que se aplauda con relación á colaboración da familia na educación da infancia, é pouco.
Vostede pode estar pensando que na educación inflúen outros moitos factores....
Claro que si; pero confío que estará moi de acordo comigo en que a familia é un piar moi fundamental porque:
-A familia dános a vida.
-A familia dános, en gran medida, os valores que rexirán a nosa vida adulta.
-A famila é a eduacadora por excelencia.
-A familia é o fundamento do noso edificio como persoas.
-A familia que aplaudimos neste caso é unha gran colaboradora coa escola e coa sociedade...
¡Persoas así son unha lotería para a sociedade!
Merecen o nosos máximo respeto, a nosa máxima consideración e o noso aplauso máis intenso.
Somos moitas as persoas que soñamos cun mundo mellor e que intentamos con tódolos medios ó noso alcance ensinarlle á infancia a cosntruílo.
Trátase de ensinarlles a construílo.
Que ninguén pense que por moito que traballe e por moita riqueza material que acumule, lle vai resolver a vida á xeración seguinte.
Do que se trata é de darlle as ferramentas necesarias para que cadaquén poida realizarse como persoa na sociedade que lle toque vivir, que ó paso que imos- nin siquera podemos imaxinala.
A experiencia demostra que a mellor ferramenta é unha boa educación.
¡ÁNIMO FAMILIAS!
¡MILLÓNS DE GRAZAS!
¡¡¡APLAUSOS...!!!
Quero pensar que vostede que está lendo eso, seguro que pertence ó grupo desas persoas loitadoras ás que moitos aplaudimos.
¡NORABOA!
¡PARABÉNS!
Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aqui o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora