Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agosto

viernes, 29 de julio de 2005
A vixencia dun editorial é moi curta, do mesmo xeito que a actualidade varía á velocidade dos acontecementos.

É curta porque outros temas reemplazan ó elixido para pronunciarse.

Pero é curta tamén, e moi especialmente, porque a cada momento se van producindo novos feitos que van modificando a visión de cada tema, proporcionando outras perspectivas, permitindo ver con maior profundidade.

Agosto impón a súa pausa. Cada ano que pasa, Agosto é máis verán e a actualidade pasa por un prisma invisible que conxela a imaxe, calorosa conxelación que fai como se os acontecementos sucedesen a cámara lenta mentras a nosa vida segue vertixinosa na ficción do descanso, mergullados en mares ou montañas de calor e de color, para emerxer de novo en setembro á realidade dura e pura dun outono sempre quente.

Para os galegos, este verán tamén vai ter o seu aquel de especial politicamente considerado. Pero tamén a política, aínda a dos que teñen paciencia demostrada agardando pola gloria do poder, acabará vivindo un agosto case plácido no que todo queda dentro pola calor. Un mes así non da para revolucionar unha administración na que a metade dos administradores básicos están de vacacións.

“Cuando llegue septiembre, todo será maravilloso” dicía unha fermosa canción de hai varias décadas.

Cando chegue setembro caducará este editorial, se é que antes non se fixo vello, e todos despertaremos do soño dun verán que algún momento coidamos eterno e, en definitiva, non dura máis ca unha noite.

¡Feliz evasión! ¡E que a volta non sexa demasiado áspera e dura!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania