Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hospital Universitario de Lugo

martes, 11 de junio de 2013
Eu son visitante asiduo ao Hospital Universitario de Lugo -Hula (onte, por exemplo fun dúas veces) para visitar amigos que alí se repoñen de problemas de saúde, todos xeralmente satisfeitos do trato recibido, das instalacións, e da profesionalidade dos traballadores daquela macroinstalación sanitaria.

A instalación é impresionante, e cando alí vou síntome empequenecido diante da maxestuosidade do edificio, contaxiado da para moitos case taumaturxia que se exerce no seu interior.

Nestes tempos de cólera económica e social, denúncianse recortes no Hula, que se vai persoal e non se repón, que se pechan habitacións durante o verán, que faltan servizos vitais, e que se precisa un mellor control do mobiliario rodante, que ata cen sillas de rodas desapareceron desde novo Hospital, porque hai xente que recolle pacientes con problemas de mobilidade, lévase ao paciente e a silla que o soporta.

Coa sanidade sempre imos ter problemas. Por moito que avancemos, que no último medio século avanzáronse varios séculos no camiño da protección da saúde. Por eso é tan sensible o tema, por eso nos doen tanto os problemas en sanidade, por eso temos que decir que hai moitos outros sitios nos que recortar, e postos a meter a tixeira, que deixen a saúde en paz. E que o Hula funcione a pleno rendimento, que para eso Lugo suspirou durante décadas por unha instalación así, que temos ben merecida.

Vense de celebrar unha macromanifestación de lucenses para esixir que o Hula sexa dotado de todos os servizos que no principio estaban previstos, especialmente Hemodinámica, Radioterapia e Medicina nuclear, para situarnos en igualdade con outras instalacións sanitarias galegas, e para evitar retrasos ou desplazamentos aos pacientes do noso hospital.

As crónicas falan de máis de cinco mil persoas. Non digo que as manifestacións sexan o mellor xeito de conseguir servizos, neste caso para un hospital. Digo que son síntoma de preocupación por un tema, por unha carencia, e que a petición repetida ten que encontrar eco en quen a escoita.

E que está ben que non nos conformemos co que hai, que hai que reivindicar, esixir, que os avances só se producen cando hai camiño para andar e alguén está disposto a recorrelo, e a empuxar.

Se o Hula aínda pode e debe mellorar, fágase xa!. Ademais, o Presidente Feijóo prometeuno. Así que, en Lugo, agárdase polo cumprimento da súa palabra.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania