Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un tal Monge

jueves, 28 de julio de 2005
Veunos de Palencia un tal Monge. En realidade chámase Manuel Sánchez Monge, ten 58 anos, e ven substituir a José Gea Escolano ó frente da diocese de Mondoñedo, cidade que segue a ser rica en latíns, en cultura, en augas e en historia.

Certo que a diocese é Mondoñedo-Ferrol, pero a historia é a historia, e a raiz está na cidade que foi merecidamente cualificada de “cunquiña deleitosa onde todo florece e todo medra”.

Prometeu estudiar galego para poder falar na súa fala ós diocesanos, e agardamos cumpra a promesa para facerse galego por inmersión. Xa que non foi posible un bispo galego para tan galega diocese, renaza galego o novo bispo pola gracia da palabra.

Cando o que hoxe é presidente da Conferencia Episcopal, Ricardo Blázquez, foi nomeado para unha diocese basca, foi recibido como “un tal Blázquez”, tendo que gañarse a pulso a consideración de basco de adopción.

O noso titular non pretende ser máis ca un xogo de palabras, lembrando a necesidade de abrirnos a quen chega, dando por sabido que os galegos somos acolledores por principio, e que ó novo bispo vaille ser máis doado facerse cos seus diocesanos e coa opinión pública galega en xeral, só conque se achegue a Galicia polo idioma, sexa cauto nas súas palabras (agora que nin siquiera é cauto o máximo cargo xudicial), e leve con xeito a barca de Pedro polo pacífico mar-terra do norte do noroeste no que habitamos.

Aínda que hoxe un bispado ten bastante menos poder temporal que antano, tamén Mondoñedo-Ferrol cambia “de cor”, e comeza un tempo diferente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES