Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quixemos Europa

martes, 11 de junio de 2013
Quixemos Europa, temos Europa. Quixemos Europa en tempos bonancibles onde todo parecía tempo de viño e rosas, e tivemos Europa durante un tempo feliz e seguimos téndoa no tempo en que a carga de Europa se nos bota encima coma unha lousa.

As nosas finanzas dependen de Europa, que nos vixía como madrastra preocupada pola nosa incapacidade para ser medianamente autónomos nos gastos e nos ingresos, e ponse seria para que serios sexamos á hora de administrarnos e rendirlle contas.

O último, polo de agora, é a esixencia dunha volta de tuerca, urxente, no tema das pensións que non pode dilatarse máis a ollos do gran irmán que nos contempla desde Bruxelas. E o ive que se a nós nos parece desproporcionado, vamos ter que subilo – van ter que subírnolo- especialmente nos tipos reducidos para conseguir unha recadación que nunca conseguirán xa que o aumento desaforado dos impostos non fai máis que restrinxir a actividade e, polo tanto, reducción das recadacións.

As autoridades hispanas tiñan establecido o retraso na xubilación de xeito paulatino ata chegar, co paso dos anos, á situación desexada. Pois deberán apretar o acelerador, que Europa dispón que antes de fin de ano se saiba como e cando se vai facer esa inmediata reforma.

Quixemos Europa, e somos Europa. Ata non hai moito, disfrutamos con ledicia das súas vantaxes e axudas; dos “pros”. Parece chegado o momento de sufrir os inconvintes, os “contras”. Xa faremos balance, se chegamos aló, cando poidamos evalualo axeitadamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES