Unha malformación
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 10 de junio de 2013
Abdona Currás Sánchez estaba a escoitar o tema Óeme isto un momento, de Víctor Mariñas, mentres remexía nos papeis que tiña sobre a mesa do despacho.
Abdona tiña unha pequena ferida nos beizos que lle malformaba estes nunha figura abondo estraña. E por isto, Abdona Currás Sánchez tamén levaba un ricto amargo na súa alma porque sabía que, así, ninguén, ou sexa, ningún home a bicaría nunca.
Ante este recordo, a muller que, por certo, non era fea, pegoulle fortemente ao teclado do ordenador que estaba tamén a manexar. Aínda que un leve sorriso asomou axiña aos seus beizos cando se puxo a escoitar a canción Todo se transforma, do seu admirado Jorge Drexler.
Abdona Currás Sánchez deixou caer dúas bágoas dos seus ollos; non sei se pola malformación dos beizos ou pola emoción da música. Colleu un bolígrafo e púxose a cubrir unha solicitude.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora