Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Licenciados en Televisión

miércoles, 27 de julio de 2005
O actual goberno do Partido Popular adxudica licencias de televisión dixital, e concede as dúas cadeas de alcance autonómico á Cope e La Voz de Galicia.

Un medio informativo que formaba parte dunha candidatura solicitante comenta que existe “Rechazo unánime a la decisión”; outro membro da mesma considera que se trata “de una nueva afrenta a nuestra comunidad”, e un terceiro considera que “el Partido Popular demuestra, una vez más que no siempre ha valorado adecuadamente a las personas que más le ayudaron en los momentos en que estaba en dificultades y que estaban a su lado en situaciones clave”.

Ahí está a cuestión: Os que pensaban que estas adxudicacións eran inocentes, poden ver que non. Pero que ninguén se extrañe, porque sempre os gobernantes de turno aplicaron un amplo criterio de discrecionalidade na concesión de licencias que facilitan participar no monopolio que o Estado ten en relación coas comunicacións audiovisuais. Como se só fosen maiores de idade os xornais escritos – e as empresas que os promoven– mentras que os xornais falados ou visuais fosen menores de idade e os seus titulares uns irresponsables ou algo peor.

Conceder emisoras no rural galego a empresas radicadas en Madrid é un alleamento da información, sendo todo moi legal agás no que á potenciación do idioma se refire.

Pero o goberno -como tódolos gobernos- coida que sabe moi ben o que fai: Concede graciosamente licencias a grupos empresariais cada vez máis fortes, dos que logo queda en dependencia pensando que é ó revés, e ignora outros que farán constar o seu disgusto.

Nunca chove a gusto de todos. Neste caso, non hai licencias para todos, e os que se quedan sen elas -todos algunha vez quedamos sen unha licencia- a agardar por unha nova oportunidade.

E sen embargo, todos cremos na liberdade de información. Porque se deixamos de crer nela, é moito peor.

Menos mal que -por agora- nos queda Internet.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES