Qué é o que fuma esta xente?
Cardalda, Theo - jueves, 06 de junio de 2013
Desde o Preguntorio
Qué é o que fuma esta xente?
O presidente do Banco de España aconsella baixar o salario mínimo interprofesional de 645 euros, onde o exemplo de Francia este salario é de 1430 euros. Coido que estes flipan de moito carallo, ou fuman alucinóxenos.
Con máis de seis millóns de parados, cuns soldos cada vez máis miserables e o custe da vida non para de subir. Este Gobernador do banco de España nomeado polo Rei a proposta do Goberno, ou sexa ao servizo do pobo, quere ter un país de escravos, putos, crouppiers de casino ao servizo dun mafioso de Las Vegas; mentres o que pasou coas Caixas, inspeccionadas polo Banco de España, caían unhas tras outras en pozos sen fondo. Estes economistas do devandito banco non viron ni quixeron como políticos de PSOE e logo do PP esquilmaban os activos de Caixa España, Bancaja, Caja de Madrid, Caixa Vigo, etc. e o da burbulla inmobiliaria. Non teñen vergoña ningunha.
Coido que a primeira responsabilidade destes personajillos enchufados polo amiguete de quenda, ou sexa o goberno, é o control dun bo funcionamento das entidades bancarias, velar polas prácticas deontolóxicas de ditas entidades; non encanto adicáronse a aumentar o atraco perpetuo da clase traballadora despois de incumprir a súa función.
O Gobernador Luís María Linde e o seu antecesor que marchouse de rositas Miguel Ángel Fernández Ordoñez, son os responsables de todas as chapuzas que practicaron as entidades bancarias durante estes últimos anos, a isto foron o que se dedicaron estes malvados.
Agora que deberían estar caladiños, nin asomar a cabeza pola fiestra, falan de baixar o salario mínimo e ter os menores dereitos. Son como propostas dos señoritos feudais que cobran o seu salario inflado grazas aos mesmos que pretenden escravizar.
Este pobo é totalmente pasivo. Cada vez que atópome nunha manifestación, pregúntome: ¿onde estarán os millóns de parados, súas familias e achegados?. En Españístán hai moito chulo apegado á barra do bar ou ollando moito fútbol, falando que van comer ao nenos crudos e tomándose unhas birrras, sacan peito ao pé da barra que van a desfolar, romper e todo o que lles peta na testa. A hora da verdade son uns especialistas en chupar calzóns e votar a partidos de extrema dereita, porén, xamais están contra o gobernante e o empresario que os despide, estes valentes son o peor que un pódese atopar.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora