Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frustración

jueves, 06 de junio de 2013
É un sentimento xeneralizado entre a xente de a pé, que loita cada día por manter un posto de traballo ou por conseguilo, que contempla situacións inxustas e desproporcionadas, e que ten como modelos ofrecidos a través dos medios de comunicación a persoas lonxanas aínda que sexan os seus representantes lexitimos.

Os españois, e os galegos, estamos frustrados porque nada está saíndo como calculamos. E por moito que loitemos non damos conseguido modificar o que se nos veu encima como unha maldición bíblica. Estamos frustrados porque temos que resignarnos a participar cada catro anos nunha elección na que se nos dá feito o traballo máis importante, e na que só podemos elixir entre o que se nos ofrece.

Estamos frustrados porque o que se promete tómase a beneficio de inventario e ninguén se considera na obriga de defendelo. E os máximos gobernantes consideran que a pesar das promesas teñen que cumprir co seu deber, que para nada contempla aquelas promesas.

Estamos frustrados porque, á parte desa posibilidade de votar cada catro anos, non hai outro mecanismo que nos permita conducir e reconducir os nosos destinos.

E se estamos frustrados os que non pertencemos a un partido político, a inmensa maioría, máis frustrados estarán os que pertenzan a unha forza política – xa non digamos se esta ostenta o goberno- e esta non responde ás expectativas de ninguén.

Estamos frustrados. E posiblemente non haxa, en prazo humanamente medible, quen nos saque desta frustración. Porque nada do que hai no espectro político visible, parece ser quen de sacarnos dunha situación que todos comprendemos, que todos sufrimos, pero que ninguén parece capaz de controlar e endereitar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES