Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nosa naiciña

jueves, 06 de junio de 2013
É probable que vostede sexa unha persoa moi observadora e terá visto nestes días como a nai natureza se viste de gala para decirnos que:

-Estaba, aí. Non se esqueceu de nós. Estivo aletargada todo o inverno porque choveu moito e máis porque as xeadas queimábanlle o semblante, pero soubo saír no momento oportuno, cando a temperatura é a ideal para gozar do calorciño do sol e pasearse co traxe de gala ante os ollos dos humanos.

-Que é bela, moi bela, que nos quere mostrar todo o seu esplendor por terra, por mar e por aire.

-Que nos seus elevados cumes mostra o seu gorriño branco para indicarnos de onde procede o “ouro branco”, o auténtico “ouro branco” do que non podemos prescindir os humanos porque nos dá o líquido elemento.

-Que a montaña nos mostra o seu manto multicolor con multitude de variedade vexetais:
-Os toxos cargadiños de chorima.
-Os piñeiros en flor esparcindo o polen ós catro puntos cardinais.
-As uces coa súa cor rosada-violácea.
-A pudia ou xesta branca coa súa flor branquiña que dá xenio vela.
-A xesta común cargadiña de flores amareliñas e mulltitide de especies de prantas cargadiñas de flores de innumerables cores que nos fala cunha linguaxe moi especial da grandeza da NOSA NAICIÑA NATUREZA.

-Que a montaña, ademais de cubrinos con seu manto multicolor de especies vexetais tamén dá alimento de primeirísima calidade a todo tipo de animais dos que tamén nos alimentamos os humanos como derradeiros depredadores.

Todos sabemos das excelencias da carne da montaña, das patacas da montaña, das verzas da montaña, das noces, das castañas., das avelás e outras variedades, sen esquecer as excelencias do mel.

-Que a mariña é un autentico verxel multicolor coas arbores froiteiras mostrando a súa beleza extraordinaria: cerdeiras, maceiras, pereiras e todo tipo de árbores froiteiras en flor, sen esquecer multitude de plantas cultivadas e tamén as silvestres...

-Que os xardíns públicos estan frondosos para dar cobixo e descanso ó paseante cansado e ós paxariños piadores.
.
-Que os xardíns privados están fermosísimos mostrando o seu máximo agradecemento á man que os cultiva, os rega e os mima ó longo do ano.

-Que as pradeiras verdecentes son repouso para a vista, alimento para o gando, e gozo para o labrador, que nos abastecerá de leite, carne, pel, ovos,...

-Que as leiriñas de cebolas, pimentos, tomates, leitugas, pataquiñas novas están criando todo canto os humanos precisamos para a nosa alimentación vexetariana.

-Que os ríos están criando sabrosas troitas e outras especies de auga dóce.

-Que o mar axitado polas ondas dinos que o seu peixe está cheo de vitalidade e enerxía para alimentarnos..

-Que a atmósfera emite aire perfumado pola primavera para que os nosos pulmóns produzcan o osíxeno necesario para alimentar todas e cada unha das nosas células.

-E que NÓS SOMOS TAMÉN PARTE DESA MESMA NATUREZA. E FORMAMOS UN TODO CON ELA.

Efectivamente, nós tamén somos seres vivos que gozamos de todos estes beneficios da natureza e moitos máis sen a penas dármonos conta de que a naturaza é a nosa niaciña por exelencia.

Se temos gran cariño pola nosa nai biolóxica,...¿Non deberemos telo tamén pola nai natureza?

Cando unha nai morre, sentímolo moito e quedamos orfos para sempre.

¿Imaxínase qué pasaría se morrera a nai natureza…?

A todos nos gusta deixar un bo legado ós que veñan detrás, do mesmo xeito que outros nolo deixaron a nós; pero a industrialización en xeral, os derivados do petróleo en particular, a globalización e o consumismo estannos levando a vivir un ritmo de vida algo precipitado e desconsiderado co medio ambiente.

Non iría nada mal que foramos máis considerados á hora de consumir razoablemente para disfrutar do que hai e ó mesmo tempo, deixar en boas condicións as riquezas naturais para as xeracións vindeiras.

Foron moitas as xeracións que nos precederon, e serán moitas as que nos sucedan.

Nós non somos os donos do mundo, somos tan só administradores e usufructuadores por un período de tempo moi limitado. Somos algo así como estrelas fugaces no paso do tempo.

Temos o sagrado deber de conserva-la natureza para que poida mostrarse no seu máximo esplendor por tempos inmemoriables.

Sei que vostede é unha desas persoas que ama a natureza e que disfruta da súa xenerosidade a pleno pulmón.

Para vostede, foi para quen escribín este artigo como agradecemento ó seu bo facer; pero tamén quixera mostra-la miña dor cando observo que outras persoas que,-de vez en cando-, teñen algún discuido... .

Para tódalas persoas que teñen gran coidado da nosa naiciña NATUREZA:

¡Noraboa e por moitos anos!

¡PARABÉNS!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aqui o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES