Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen Ive

miércoles, 05 de junio de 2013
Temos os galegos, e en xeral todos os españois, pouca cultura histórica no pago de impostos directos, que de feito empezaron de xeito ostensible nos anos setenta coas declaracións da renda. Ata entón, a maior parte dos impostos eran indirectos, sobre o consumo de determinados produtos, sendo na práctica os impostos directos propios do tempo democrático á parte daquel modesto imposto denominado de “Tráfico de Empresas” que gravaba cun 2,7% os produtos e os servizos.

Pero na actualidade, afeitos xa a pagar impostos que sempre consideramos están por riba das nosas posibilidades e superan os que pagan noutros países da Unión Europea, o imposto que máis nos afecta é o Iva, Ive en galego – Imposto de valor engadido- que chega a gravar cun 21% os productos e os servizos, o que fai elevar de forma ostensible calquera factura que recibimos ou emitimos.

Esa elevada porcentaxe, que aínda pode aumentar segundo ocorre noutras nacións da Unión, é un factor de contención do gasto e de retracción de actividade, teméndose que o goberno ao aumentar o imposto non consiga aumentar a recadación, senón que esta diminùa pola menor actividade.

Hai quen opta por pedir que non lle fagan factura, evitando o pago do Ive, infracción castigada se se descobre. E hai comercios que se esquecen do ive, facéndose cargo del, para mellor facilitar a dinamización comercial.

Eso aconteceu en Vilalba recentemente, onde se ven de celebrar a “Semana sin iva”, na que participaron arredor de sesenta negocios, e que se provocou a atención do público e fomentou as compras, tamén deixou bo sabor de boca no conxunto dos negocios e nos seus representantes que pretenden repetir a experiencia en próximos anos.

Nesta época de depresión, de contención de compras e investimentos, os negocios están obrigados a aplicar solucións intelixentes e innovadoras para animar o mercado. Non cabe dúbida de que esta foi unha iniciativa valente e decidida, que deu os seus froitos e pode marcar camiños para andar no futuro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania