Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O escornabois

lunes, 03 de junio de 2013
Xa vai o ourizo da castaña no vento para caer, mansamente, ao chan. O escornabois que estaba acochado entre dúas follas de castiñeiro pensou que vomitaba co susto. Soubo ao momento que estivo a piques de irse ao mundo dos bichos mortos. Se o ourizo chega a caer sobre el, adeus moi boas.

O vento deixou de fungar, o castiñeiro deixou de abanear e foi entón cando o escornabois quedou máis tranquilo durante un tempo; sabía que por arriba, en principio, non lle chegaría ningún perigo. Pensamento erróneo; a pega que estaba na terceira galla do castiñeiro xa levaba un cacho estudando ao escornabois e nun visto e non visto lanzouse coma ave de rapina sobre o pobre escornabois. Este axiña caeu na conta de que nun santiamén pertencería ao mundo dos bichos mortos. Pensou no ourizo da castaña. Cando estaba entrando na boca da pega, notou que o vento volvía fungar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania