100.000 
							Editorial - viernes, 31 de mayo de 2013
							  	No Valadouro veñen de poñer precio a un pacto entre políticos, precisamente para garantir que o pacto sexa respectado.
	Despois de case tres décadas de goberno do Partido Popular, a unión de Socialistas, Bloque e Independentes, vense de producir a alternancia que se concreta na tolerancia do Bloque á nova situación e ao acordo de Goberno entre Socialistas e Independentes.
	E para garantir que ningunha das partes se volverá atrás no acordado, introducen unha cláusula económica segundo a que o membro que non se ateña ao pactado terá que indemnizar aos defraudados con 100.000.
	Sabiamos da fraxilidade dos acordos dos políticos, pero nunca como agora estiveron tan de manifesto.  Quizais é a forma máis axeitada para plantear unha cuestión política, co diñeiro por diante. Se a palabra dos políticos se pon en cuestión, o respaldo económico servirá de aval ao que se está devaluando. Para empezar, 100.000 non é unha mala cifra.
							
							
							Editorial
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora