Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frío nos ósos

viernes, 31 de mayo de 2013
A estas alturas do ano, a climatoloxía aínda nos segue metendo o frío no corpo. Ou quizais non é cousa da climatoloxía, e o frío que sentimos é outra cousa moi diferente que se nos mete no máis profundo a causa do inverno que nos oprime.

Por unha parte, a constatación de que na xefatura da Fiscalía de Lugo se da o que dicía aquel poema de Rosalía: “Este vaise, e aquel vaise, e todos, todos, se van”...Lugo é unha praza modesta, e todos van ascendendo, notándose unha certa orfandade ou continuidade nestes cargos tan importantes para a Xustiza.

Por outra, a necesidade que tiveron os grupos asinantes da moción de censura do Valadouro de poñer unha cláusula de indemnización de cen mil euros –dezaseis millóns e medio das antigas pesetas- para que ningún deles, socialistas e independentes, falte á súa palabra do pacto para gobernar o concello. En tempo, os homes de ben – só os homes facían tratos- daban a súa palabra, e chamábanlle “palabra de Rei”, como garantía de que se ía manter en calquera momento, pasase o que pasase. É a primeira vez na política lucense que se pon prezo tan claramente á palabra dun político. Pouco se dan a valer.

E o frío acaba de calarnos ata os ósos cando, diante dun brutal paro de máis da metade dos rapaces en idade de traballar, a solución da Unión Europea é arbitrar unha cifra modesta, da que a España corresponden arredor de tres mil millóns de euros, que gastaremos en fogos de artificio e anuncios na prensa escrita, tendo como gran argumento que as cantidades que se invistan nesta campaña non computarán a efectos do déficit que nos ten tan mal vistos polas autoridades económicas europeas. Claro que non falta quen opine, en afán voluntarista, simplista e sen sentido, que se cada empresa pequena ou mediana, mesmo os autónomos, contratase un parado, solventaríase o problema do paro.

O dito: frío na cana dos ósos por todo o que nos rodea, especialmente pola monetarización da política – da palabra dos políticos- e pola falta de vista, de oído, de olfato e de tacto dos que coidan que crear emprego depende de que un día un emprendedor amenza de boas, e faga unha boa obra contratando un parado. Estámosche ben!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania