
A UNED Sénior , trasladouse á província de Ourense para visitar o Pazo de Vilamarín e a Igrexa de La Vera Cruz no Carballiño.
En Vilamarín, encontrámonos co Pazo construído en dúas etapas. A primeira do século XIV como fortaleza e a segunda do s. XVIII levada a cabo polo arquitecto de A Coruña, D. CARLOS FERNÁNDEZ GAGO quen coa colaboración do Comisario de Patrimonio de Galicia, CHAMOSO LAMAS e outras persoas, consegiu que se rehabilitara como Pazo.
O derradeiro dono foi D. Xoán de Forcados que non tivo descendencia e optou por facer doazóns ás Clarisas de Monforte e tamén ó Concello; pero no ano 1975, comprouno a Deputación de Ourense e actualmente acolle a exposición permanente dos cadros dun pintor galego de gran talla: XAIME QUESADA PORTO e tamén do seu fillo, XAIME, que faleceu moi novo víctima dun dos peores males da xuventude destes tempos...
Dalí dirixímonos ó Carballiño pola ROTA DO RIBEIRO e do PAN DE CEA; onde o Profesor nos explicou a emocionante historia da construcción da igrexa da VERA CRUZ, da que tiña noticias de primeira man.

Foi construída entre os anos 1943 e 1960 cando a estreitura era moi notable debido a situación da post-guerra. Iniciáronse as obras cun presuposto inicial de 17.000 ptas que se gastaron practicamente antes de comezar realmente as obras.
O arquitecto que dirixiu a obra foi ANTONIO PALACIOS de Porriño, que faleceu dous anos despois, en 1945.
Pero a ALMA MATER foi o párroco Rvdo D. LUCIANO EVARISTO VAAMONDE DA CORTIÑA que faleceu no asilo de anciáns o día 17 de abril de 1961, un ano despois de rematala.